domingo, 3 de febrero de 2019

Anthony Browne

Se falamos de gorilas non poden faltar os libros do autor Anthony Browne, considerado un dos principais creadores de libros-álbum do mundo.
Nas súas historias son protagonistas gorilas e chimpancés. Ademáis, as súas obras inclúen detalles escondidos nas imaxes, que según el "reflexan a forma en que os nenos ven o mundo , porque están vendo as cousas por primeira vez".
Despois da lectura entenderedes por que é tan sinxelo namorarse dos contos deste célebre autor inglés.



En 1974, Koko (unha gorila entrenada na Universidade de Stanford que sabía comunicarse coa linguaxe de signos) pediu ós científicos que a observaban que lle acercaran un gato. Así comezou a amizade  entre Koko e All Bill, un gato sen cola a quen Koko adoptou coma se fose a o seu fillo. Meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristeza a través de signos.

Entón, iniciuouse unha discusión sobre si outras especies animais poden sentir emocións humanas.

Inspirado neste feito, Anthony Browne escribiu "Cosita linda"








Ó mesmo tempo que contamos do 1 ó 10 aprendemos os nomes de diferentes especies de primates; ó mesmo tempo que descubrimos un mundo de primates , descubrimos que aínda que todos son diferentes , todos pertencen a unha mesma familia, unha á que nós tamén pertencemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario