miércoles, 16 de enero de 2019

CLUB DE LECTURA "As flores radioactivas"



 Grazas ó PLAMBE o noso centro pasou a formar parte do proxecto experimental ELBE-2 que consiste na  incorporación experimental de equipamento para a lectura dixital na biblioteca escolar.
A continuación mostramos o deseño das actividades  que realizamos cos dispositivos dixitais e que dinamizan a lectura do libro :

  • O tema anual elixido este curso son os medios de comunicación e o lema é “Conectad@s”

  • Temos un club de lectura formado por 10 alumnos/as (voluntarios) da aula mixta de 4º, 5 º e 6º de ED. Primaria.

  • Eliximos o libro “As flores radioactivas “ de Agustín Fernández Paz ,xa que é un libro no que aparecen feitos reais documentados e que se publicaron en xornais. Ademáis a día de hoxe se seguen publicando novas relacionadas co tema. É unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa.




O noso alumnado antes da lectura debe averiguar que aconteceu nas nosas costas no ano 1982.






Para iso no ipad no que realizaremos a lectura de “As flores radioactivas” accederemos a estes artigos e vídeos:

IMAXES VERTIDOS E GREENPEACE
ENERXÍA NUCLEAR
SITUACIÓN DOS VERTIDOS NA FOSA ATLÁNTICA
“XURELO”
ADEGA
OTAN

A lectura dos artigos levarémola a cabo coa estrutura cooperativa “Lectura compartida”.







No hay comentarios:

Publicar un comentario