miércoles, 31 de mayo de 2023

Formación e-téxtiles - 2º Trimestre

 Seguimos aprendendo e disfrutando coas formacións de  Paola Guimeráns.

Entrevistas na radio

Realizamos un programa de radio na que entrevistamos a todos os actores do proxecto que desenvolvemos este curso: as mulleres que nos ensinan a coser, a guía do concello, Paco Boluda e Silvia.

Esperamos que vos guste o podcast.

Constelacións con e-téxtiles

Realizamos esta actividade na que poñemos en práctica os circuítos en paralelo con fío condutor. Cada alumno/a realiza a súa constelación calcando o debuxo no tecido e introducindo tres leds en paralelo co portapilas.


8M - Performance "Laxe das Cruces"

Para conmemorar o "Día internacional da Muller" realizamos unha performance de "Laxe das Cruces" outra xoia do patrimonio arqueolóxico de Louro. Como non podía ser doutra forma,  quixemos compartir este día coas mulleres que nos ensinan a coser todos os venres e con nais do noso alumnado.

Booktrailers

Despois de acudir ás xornadas de "Biblioteca Creativa" deste ano decidimos poñer en práctica o aprendido así que o alumnado de 4º, 5 e 6º de ED. Primaria realizou a recomendación de libros que gardan relación co tema coa realización de Booktrailers, esperamos que vos gusten!!


Entroido "Vestimentas galaicas"

Este Entroido 2023 contamos coa colaboración das mulleres do noso pobo que a partir das ilustracións de Paco Boluda levaron a cabo a recreación de vestimentas galaicas. Poidemos observar de primeira man todo o proceso: elaboración de patróns, selección de tecidos, toma de medidas, elaboración de motivos decorativos ... e o mellor de todo poder vestilos e desfilar polo noso pobo. Non temos palabras para agradecer a este grupo de mulleres : Divi, Manela, Tina, Maricarmen...o traballo realizado.

Universo Yayoi Kusama

A aula de Infantil encheuse de puntos de cores, entrar nela é mergullarse nun mundo de cores e fantasía. Aproveitamos este Universo de Yayoi Kusama para realizar co noso alumnado unha actividade de descubrimento das cores das estrelas a partir de leds e unhas pilas mirade que bonito lles quedou .