Este curso reformulamos o tema anual que comezamos o curso pasado, remataremos os diferentes proxectos que comezamos o pero imos adentrarnos
nas posibilidades do noso patio para o cultivo a pequena escala (hortos
verticais , con botellas, en testos ..) para fomentar o autoconsumo e evitar a
pegada ecolóxica do transporte de alimentos dende lugares lonxanos ós nosos
supermercados.
Este curso máis que nunca coa
situación derivada do COVID botamos a nosa mirada ó exterior , á natureza , e o
noso patio ofrécenos un abano de posibilidades que queremos aproveitar.
Os obxectivos que marcamos son os seguintes:
-Coñecer as posibilidades de
cultivo a pequena escala: hortos verticales, testos con materiais de reciclaxe
como botellas etc.
-Facer consciente ó noso alumnado
da pegada ecolóxica que supón o transporte de alimentos desde lugares
afastados.
-Trasladar a actividade do centro
ás súas casas e que cultiven nun espazo reducido algún tipo de planta.
-Transmitir a sabedoría popular,
a través de xente do noso pobo, do cultivo da terra.
-Poñer en valor a riqueza
gastronómica , dos produtos galegos.
-Levar a cabo un proxecto de
economía circular.
Todos eles serán levados a cabo a través proxectos de investigación e lecturas dinamizadas desde a biblioteca.