sábado, 21 de diciembre de 2019
Lecturas Nadal 2019-20
Aquí tedes o tríptico coas recomendacións lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten!!
domingo, 15 de diciembre de 2019
Presentacións "Cambio climático"
¿Que é o cambio climático?, ¿é o mesmo que o quecemento global?, ¿a
que se debe?, ¿que papel ten o ser humano no mesmo? Vivimos nun momento
de moita desinformación en torno ao concepto de cambio climático.
Existe un grande descoñecemento do que é en realidade, circulan moitos
mitos e inexactitudes sobre o cambio climático, hai un exceso de
información bombardeándonos, moita dela inexacta ou interesada. Por todo
isto, decidimos achegarnos cunha mirada obxectiva e dende o rigor
científico ao que é o cambio climático, como nos afecta e a cales son as
súas causas e consecuencias.
A fonte das nosas investigacións foron os materiais da Rede
Climántica, proxecto recomendado polo alto comisionado da ONU en cambio
climático: http://www.climantica.org/
Despois de documentarnos, nas aulas de 4º, 5º e 6º fixemos as
seguintes presentacións, coas que agardamos clarificarvos tódalas
dúbidas que podades ter ao redor do cambio climático.
Video 1
Vídeo 3 V
Poéticas diversas
Durante o primeiro trimestre traballamos a poesía nas áreas das linguas utilizando algunhas técnicas para axudarlles na creación.Coa temática das personaxes do Samaín e do Nadal inventaron estas poesías.
Poemas do outono
Poemas do outono
Poemas Samaín
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Carta aos gobernantes reunidos no Cumio Mundial polo Clima
Seguindo a iniciativa proposta por colectivos como Teachers for Future ou Familias polo Clima, imos dicirlle aos gobernantes mundiais reunidos no Cumio Mundial polo clima en Madrid o planeta que queremos e como queremos que nolo coiden. É o noso futuro o que está en xogo!
Carta COP 25- Infantil:Carta COP 25 - 1º, 2º e 3º de ED. Primaria:
Carta COP 25 - 4º, 5º e 6º de ED.Primaria:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)