Mirade que ben nos explica o alumnado de Infantil os movementos da Terra!!!
Había unha vez...
Blogue da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe de Louro
miércoles, 31 de mayo de 2023
BD: "Desaparición en Laxe das Rodas"
Deixámosvos por aquí o cómic realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de EP titulado:
"Desaparición en Laxe das Rodas"
Maqueta - Sauna galaica
Profundizando na etapa da Idade de Ferro unha edificación chamou a nosa atención, a sauna. Decidimos investigar sobre esta fascinante construción e realizar unha maqueta.
Todo o proceso de creación aquí:
Día das Letras Galegas
Nas diferentes aulas realizamos actividades para coñecer a vida e obra de Francisco Fernández del Riego a través a páxina de "Primavera das Letras".
Día do Libro- Obradoiro de banda deseñada
Este ano recuperamos os apadriñamentos lectores ó aire libre e ademáis realizamos un Obradoiro de banda deseñada da man de Manel Cráneo e Brais Fierro autores de "Roxín Roxal" , un dos libros do club de lectura deste ano .
Tres versións das estacións
Achegámonos ás estacións empregando 3 linguaxes: o teatral, o plástico e o computacional.
- Acudimos á obra de teatro "As 4 estacións de Vivaldi"
Mapas interactivos
Realizamos 3 mapas interactivos sobre o relevo de Galicia, España e Europa nos que empregamos plastilina condutora , introducindo un clip metálico e conectándoo á Makey-Makey despois de programar con Scratch e gravar a información sobre cada sistema montañoso e río.